Canonical acaba de anunciar a ampliación do plan Ubuntu Pro, que a partir de agora porase ao alcance de todos os usuarios da distribución de maneira totalmente gratuita, cun límite de cinco máquinas. Tratase, polo tanto dunha nova medida dirixida a profesionais e pequenas empresas, pero da que podrá aproveitarse todo o mundo.

Por qué este anuncio é un moi boa nova, entiendese co propio significado de Ubuntu Pro, un plan que forma parte do paquete de soporte empresarial Ubuntu Advantage, pero ao que usuarios e empresas poden suscribirse con independencia deste. En qué se diferenzan o uno e o outro? En que, Ubuntu Advantage, comprende toda a oferta comercial de Canonical, incluindo asistencia técnica, acceso a ferramentas específicas e outros, mentras que Ubuntu Pro reducese a ampliación do soporte do sistema.

En concreto, Ubuntu Pro é a extensión do soporte de cada versión LTS de Ubuntu, dos 5 aos 10 años. Se os 5 anos de soporte de cada versión LTS de Ubuntu estaban ao alcance de todos, os 5 adicionais que proporciona a Extended Security Maintenance (ESM) foron de pago, primeiro como parte exclusiva do paquete de Ubuntu Advantage e dun ano a esta parte na forma de Ubuntu Pro, denomiación que xa existía, pero en contextos máis específicos, como os servizos na nube.

Agora, Ubuntu Pro non só supon o mantemento do sistema de versións LTS durante cinco anos adicionais, senon que o fai por todo o grande, incluindo no seu soporte tanto os aproximadamente 2.300 paquetes dos que se compon o repositorio principal da distribución, como os máis de 23.000 paquetes do repositorio Universe, polo que non estamos fablando dun mantemento mínimo, senon todo o contrario, máis valioso no ámbito do servidor que no de escritorio, pero seguramente que é benvido en ambos.

A noticia agora é que Ubuntu Pro é gratis para todos cun límite de cinco máquinas, unha noticia que vai alegrar a moitos polo seu alcance, tanto para quenes dependen de instalacións de Ubuntu en servidores como en estacións de traballo.

«Dende que lanzamos Ubuntu LTS por primeira vez, con cinco anos de soporte gratuito para o sistema operativo principal, os nosos clientes empresarias pedironos que cubramos cada vez máis o panorama máis amplo de código aberto en virtude de acordos comerciais privados. Hoxe, estamos entusiasmados de ofrecer os beneficios de todo ese traballo, de forma gratuita, a calquer persoa no mundo, cunha suscripción persoal gratuita de Ubuntu Pro» explica Mark Shuttleworth, CEO de Canonical.

Cabe señalar a este respecto que o soporte ESM implantouse a partir de Ubuntu 12.04 LTS, pero dentro do paquete de Ubuntu Advantage; falando só de Ubuntu Pro, fixo o propio a partir de Ubuntu 16.04 LTS. Asimesmo, non hai que confundirlo tampouco co servicio de parches do kernel en quente Livepatch, outro complemento de Ubuntu Advantage que non se pode adquirir por separado, pero que tamén é gratuita ata certo número de equipos.

En canto a Ubuntu Pro, o proceso de suscripción realizase de igual modo que con Livepatch, mediante a conta de Ubuntu One. Para máis de cinco máquinas existe unha proba gratuita de 30 días, mentres que o seu prezo é de 25 dólares anuales por estación de traballo ou 500 dólares anuais por servidor. Todos os detalles do servizo, na páxina oficial de Ubuntu Pro.

By b1nar10

One thought on “Ubuntu Pro gratis ata cinco máquinas, anuncia Canonical”

Deixa una resposta a Canonical amplia o soporte ata os 12 años das versións LTS de Ubuntu e derivadas – Código Aberto Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *