
Canonical anunciou o lanzamento de Ubuntu Core 24, a nova versión do seu sistema operativo inmutable orientado principalmente a IoT e que se converterá nun futuro non moi lexano na base tecnolóxica dun sistema para escritorio que, ao igual que o lanzamento que nos ocupa nesta entrada, contará cun forte protagonismo do formato de paquetes Snap.
Ubuntu Core 24 soporta oficialmente as arquitecturas x86_64, ARM e RISC-V e está dirixido a funcionar en miles de millóns de dispositivos que traballan na fronteira, ou ao menos eso é o que di Canonical. Ademáis, conta con doce anos de soporte, unha cantidade de tempo que a bo seguro será ben valorado polas empresas que utilizan este producto.
Sobre as novidades de Ubuntu Core 24, este ven cun novo sistema de instalación de fábrica dirixido aos fabricantes de dispositivos IoT, soporte de Intelixencia Artificial das Cosas (AIoT) a través da GPU e integracións de administración de dispositivos con Landscape, a ferramenta de xestión de sistemas de Canonical, e Microsoft Azure IoT Edge.
Landscape ofrece un control centralizado das actualizacións OTA, auditoría, control de acceso e cumplimiento en todos os dispositivos conectados. Soporta xestión de contornas conectadas e aisladas e conta con funcións como versións canary, remodelación remota de dispositivos e monitoreo do sistema. Canonical anunciou fai tempo a publicación dos correspondentes paquetes de Snap por parte de Microsoft para integrar dispositivos Ubuntu Core cos servicios de Microsoft Azure IoT Edge.
Outra cousa que chegou son os conxuntos de validación na ferramenta utilizada para crear imáxes persoalizadas de Ubuntu Core. Os conxuntos de validación son documentos firmados que poden ser actualizados vía OTA e que especifican qué aplicacións e qué versións desas aplicacións deben instalarse xuntas, garantizando que determinados dispositivos sempre teñan as aplicacións correctas instaladas.
Co fin de axustarse mellor as contornas altamente reguladas, Ubuntu Core 24 proporciona un maior control sobre as solicitudes automáticas de rede, o que permite aos fabricantes inhabilitar todas as comunicacións de rede durante o inicio do dispositivo. Por outro lado, introducido remodelación fora de líña, permitindo aos equipos de enxeñería migrar a versións máis novas do sistema operativo en contornas aisladas.
O soporte para procesadores gráficos é aparentemente un dos aspectos nos que Ubuntu Core 24 mellorou de maneira notable, xa que trouxo “novas integracións e características para operacións de GPU e soporte de gráficos. Os desenvolvedore agora poden usar a interfaz da GPU para integrar unha variedade de aplicacións, dende modelos de intelixencia artificial (IA) que executan unha inferencia na frontera ata productos que requiren aceleración de gráficos. Esta versión mellora a compatibilidade do hardware a través de controladores de gráficos actualizados e optimiza a utilización de recursos a través dunha contorna de espazo de usuario compartido”.
Ubuntu Core pode ser usado en combinación con Ubuntu Frame, un servidor gráfico seguro desenvolvido por Canonical para sistemas Linux empotrados. A partir de Ubuntu Core 24, Ubuntu Frame soporta sistemas con gráficos híbridos, incluindo combinacións que abarcan plataformas privativas e de código aberto. Esto sumase as características de dispositivos multipantalla, bloqueo de pantalla, arranque limpo ou sen problemas, soporte para arrastrar e soltar, pantallas de aforro de enerxía, soporte de asistencia remota, modificación do deseño da pantalla en tempo de execución e unha nova pantalla de diagnóstico configurable polo usuario.
E como último campo tenemos a robótica, que en Ubuntu Core 24 beneficiase dunha nova xestión do dispositivo, unha instalación optimizada e características AIoT para proporcionar novos productos a escala. A todo eso sumase a incorporación de integracións listas para producción para implementar solucións co Robot Operating System (ROS), do que Canonical puxo fai tempo a disposición os correspondentes paquetes Snap para implementacións modulares.
E estas son as principais novidades de Ubuntu Core 24. A pesar de non xerar o mesmo ruido mediático que os sistemas mutables dirixidos a escritorio e servidores, tratase en realidade dunha das pedras angulares do modelo de negocio de Canonical, xa que a empresa pica pedra dende fai moitos anos en sectores como o IoT e a robótica. Os que queiran coñecer todos os detalles poden consultarlos no anuncio oficial e o sistema pode obtenerse a partir da correspondiente páxina no sitio web de Ubuntu.
Dexamosvos cun vídeo publicado na canle oficial da distribución.